OmegaT 3.0 - Guía de usuario

Traballar con texto plano

Codificación predeterminada

Os ficheiros de texto plano (na maioría dos casos, ficheiros coa extensión .txt) conteñen só información textual e ofrecen un xeito non moi definido de informar ao computador que idioma conteñen. O mellor que pode facer OmegaT neste caso é asumir que o texto está escrito no mesmo idioma que emprega o propio computador. Isto non é un problema para os ficheiros codificados en Unicode e cun sistema de caracteres de 16 bits. Se o texto está codificado en 8 bits, porén, un pode enfrontarse á seguinte situación: en vez de amosar o texto en caracteres xaponeses...

...o sistema amosará o texto como isto, por exemplo:

O computador que executa OmegaT ten ruso coma idioma predeterminado, polo que amosa os caracteres en alfabeto cirílico e non en kanji.

A solución de OmegaT

Hai basicamente tres xeitos para enfrontarse a este problema en OmegaT. Todos están relacionados coa aplicación de filtros de ficheiro no menú de Opcións .

Cambiar a codificación dos seus ficheiros a Unicode

abrir o ficheiro orixe nun editor de texto que interprete correctamente a codificación e gardar o ficheiro coa codificación «UTF-8» . Cambiar a extensión do ficheiro de .txt a .utf8. OmegaT interpretará automaticamente o ficheiro coma un ficheiro UTF-8. Esta é a alternativa de máis sentido común, que soluciona os seus problemas a longo prazo.

Especificar a codificación dos seus ficheiros de texto plano,

é dicir, ficheiros coa extensión .txt: na sección Ficheiros de texto no diálogo de filtros de ficheiro, cambie a Codificación do ficheiro orixe de <auto> á codificación que corresponda ao seu ficheiro orixe .txt, por exemplo, a .jp para o exemplo anterior.

Cambiar a extensión dos seus ficheiros orixe de texto plano

por exemplo, de .txt a .jp para textos planos en xaponés: na sección Ficheiros de texto do diálogo de filtros de ficheiro, engada un novo Padrón de nome de ficheiro de orixe (*.jp para este exemplo) e seleccione os parámetros apropiados para a codificación de orixe e destino.

OmegaT ten dispoñíbel a seguinte lista predeterminada para facerlle máis fácil a solución ao problema con algúns ficheiros de texto plano:

  • Os ficheiros .txt son interpretados automaticamente (<auto>) por OmegaT como se estivesen codificados coa codificación predeterminada do computador.

  • Os ficheiros .txt1 son ficheiros en ISO-8859-1, abranguendo a maioría dos idiomas de Europa occidental .

  • Os ficheiros .txt2 son ficheiros en ISO-8859-2, que abrangue a maioría dos idiomas de Europa central e oriental .

  • Os ficheiros .utf8 son interpretados por OmegaT como se estivesen codificados en UTF-8 (unha codificación que abrangue case todas as linguas do mundo).

Pode comprobalo persoalmente seleccionando Filtros de ficheiro no menú Opcións . Por exemplo, se ten un ficheiro de texto en checo (moi probabelmente escrito coa codificación ISO-8859-2 ), simplemente necesitaría cambiar a extensión .txt a .txt2 e OmegaT interpretará correctamente os seus contidos. E, por suposto, se desexa estar seguro, considere converter o tipo de ficheiro a Unicode, é dicir, ao formato de ficheiro .utf8.