O diálogo en
→ permite que o usuario seleccione como se inicia e comporta o campo de edición do segmento activo:A tradución dos ficheiros lévase a cabo cun desprazamento de segmento a segmento, editando de cada vez un deles. Cando se move entre os segmentos, pode desexar que o programa insira no campo de edición unha tradución xa feita como una tradución parcial ou co texto de orixe. En OmegaT ofrécelle as seguintes alternativas:
→Pode facer que se insira automaticamente no campo de edición. Isto é útil para textos que conteñan moitas marcas rexistradas ou outros nomes propios que non deben modificarse.
OmegaT deixará o campo de edición en branco. Esta opción permite ao usuario inserir a tradución sen necesidade de eliminar o texto de orixe, aforrando así dous combinacións de teclas ( Ctrl+A e Suprimir) Non se permiten traducións baleiras. Amósanse como <EMPTY> no editor. Para crear unha, faga clic dereito nun segmento e seleccione « Estabelecer tradución baleira ». A entrada Eliminar tradución no mesmo menú emerxente tamén permite eliminar a tradución existente do segmento activo. Pode conseguir o mesmo limpando o segmento de destino e premendo
OmegaT inserirá a tradución da cadea máis similar ao segmento de orixe actual se o limiar de similitude supera o que vostede estabeleceu neste diálogo. O prefixo (predeterminado coma baleiro) pode empregarse para etiquetar as traducións inseridas como coincidencias parciais. Se engade un prefixo (por exemplo [parcial]), pode localizar as traducións máis tarde para ver se son correctas.
As caixas de verificación na parte inferior da ventá serven para o seguinte:
Se se verifica esta opción, cando se insira unha coincidencia parcial, tanto manualmente coma automaticamente, OmegaT intentará converter os números nas coincidencias parciais segundo o contido do segmento de orixe. Hai un número de restricións:
O segmento de orixe e as coincidencias parciais teñen que conter a mesma lista de números
Os números deben ser exactamente os mesmos entre as coincidencias de orixe e de destino.
Só se terán en conta os números enteiros e decimais simples (empregando o punto coma carácter decimal, é dicir, 5.4, mais non 5,4 ou 54E-01).
Os documentos a traducir poden conter marcas rexistradas, nomes ou outros nomes propios que non cambiarán nos documentos traducidos. Hai dúas estratexias a seguir para os segmentos que conteñan só texto invariábel.
Pode decidir non traducir este tipo de segmentos. OmegaT identificará estes segmentos como non traducidos. Esta é a opción predeterminada. A alternativa é inserir unha tradución que sexa idéntica ao texto de orixe. OmegaT pode recoñecer que vostede fixo isto. Para que isto sexa posíbel, vaia a Permitir que a tradución sexa igual á cadea orixinal .
→ e marque a caixa de verificación correspondente aA función de exportación de texto exporta os datos do proxecto de OmegaT actual a ficheiros de texto plano. Os datos expórtanse cando se abre o segmento. Os ficheiros aparecen no subcartafol /script no cartafol de ficheiros de usuario de OmegaT, e inclúen:
O contido dos segmentos do texto orixinal (source.txt
).
O contido dos segmentos do texto traducido (target.txt
).
O texto destacado polo usuario, cando preme
Ctrl+Shift+C
ou cando selecciona (selection.txt
).
O contido dos ficheiros sobrescribirase tanto cando se abra un novo segmento (source.txt e target.txt) como cando se exporte unha nova selección (selection.txt). Os ficheiros son ficheiros de texto plano sen formato. Todo o proceso pode dirixirse e controlarse mediante un script baseado en Tck/Tcl. Vexa Como empregar a función de exportación de texto de OmegaT para información máis específica, exemplos e suxestións.
Se quere evitar calquera erro de tradución en segmentos con varios posíbeis contidos de destino, marcar esta caixa de verificación fará que a función Ir ao seguinte segmento sen traducir se deteña no seguinte segmento con esas características, sen ter en conta se xa se traduciu ou non.