O sitio web deOmegaT contén enlaces a numerosos recursos de OmegaT. Tamén se ofrece asistencia técnica aos usuarios por parte de voluntarios no Grupo de usuarios deOmegaT en Yahoo!. As Preguntas frecuentes é un bo punto de inicio para atopar respostas ás preguntas que poida ter. Para conseguir a última versión de OmegaT, visite a páxina de descargas en www.omegat.org. Tamén pode informar de erros e pedir que se introduzan melloras.
Recorde que todos os informes de erros necesitan só tres cousas:
Pasos para reproducilo,
Que esperaba ver
Que viu no seu lugar
Pode atopar máis información no artigo Painless Bug Tracking escrito por Joel Spolsky.
Pode engadir copias de ficheiros, porcións do rexistro, capturas de pantalla e calquera cousa que pense que pode axudar aos desenvolvedores a atopar e arranxar o erro. Teña en conta que os informes de errores e peticións de melloras son públicas, así que non debería achegar ficheiros con contido conflitivo. Se desexa manterse informado do que sucede co informe, rexístrese coma usuario de SourceForge, inicie sesión e informe do erro ou simplemente faga clic en «Monitor» na parte superior ao informe.
Para contribuír con OmegaT:
primeiro únase ao grupo de usuarios (a través da páxina web ou enviando un correo electrónico a OmegaT-subscribe@yahoogroups.com). Para apoiar ao desenvolvemento de OmegaT pode unirse ao grupo de desenvolvedores a través da páxina web ou enviando un correo electrónico a omegat-development-request@lists.sourceforge.net, explicitando «subscribe» como asunto do correo.
Para traducir a interface de usuario de OmegaT, o manual de usuario ou outros documentos, diríxase a:
primeiro lea a guía Localizing and Customizing OmegaT , e únase ao grupo de tradutores de OmegaT a través da páxina web ou enviando un correo electrónico a omegat-l10n-request@lists.sourceforge.net co asunto «subscribe».
Para apoiar ao proxecto OmegaT financeiramente
Se quere apoiar a continuación do desenvolvemento de OmegaT, apreciaríamos que fixese clic neste enlace e vaia á conta de PayPal de OmegaT.