A maior parte dos elementos que aparecen no menú principal poden asignarse a un novo atallo de teclado. Pode cambiar os atallos de teclado xa asignados e engadir novos atallos de teclado poñendo un ficheiro de definición de atallos de teclado no cartafol de preferencias de OmegaT (vexa Localización dos ficheiros de usuario).
O ficheiro de definición de atallos de teclado debe nomearse MainManuShortcuts.properties
e debe conter como máximo unha definición de atallo de teclado por liña. Tamén se aceptan as liñas baleiras e as liñas comentadas deben comezar con «//». Todo o que estea despois de «//» será ignorado.
Unha ver que se modifique o ficheiro MainMenuShortcuts.properties
, debe reiniciarse OmegaT para que se estabelezan os novos atallos de teclado.
A sintaxe de definición de atallos de teclado é a seguinte:<código do elemento do menú>=<atallo de teclado>
, onde
<código do elemento do menú>
é un código tomado das táboas abaixo indicadas e
<atallo de teclado>
é unha combinación de teclas especificada polo usuario
[2]
.
<atallo de teclado> debe ter unha das seguintes formas: 0 ou máis <modificadores>
seguido por 0 ou 1 <evento>
seguido por 1 <tecla>
, onde:
Por exemplo, nos atallos de teclado predeterminados de OmegaT [5] , un pode atopar:
projectOpenMenuItem=ctrl O
editCreateGlossaryEntryMenuItem=ctrl shift G
O primeiro é o atallo de teclado para
, o segundo para .Se quere empregar
Shift
+
Ctrl
+
O
para abrir un proxecto, modifique o ficheiro MainMenuShortcuts.properties
do seguinte modo:
projectOpenMenuItem=shift ctrl O
.
Se está usando un Mac e quere engadir o atallo de teclado
Shift
+
Command
+
S
para abrir o menú → , engada a seguinte liña ao ficheiro MainMenuShortcuts.properties
:
toolsShowStatisticsStandardMenuItem=shift meta
S
Garde o ficheiro e reinicie OmegaT. Os novos atallos de teclado deberían aparecer ao carón dos elementos do menú que modificou. Se non entran en conflito con ningún atallo de teclado do sistema, debería estar dispoñíbeis en OmegaT.
Elemento do menú | Atallo de teclado predeterminado | Código do elemento do menú |
---|---|---|
Novo | Shift+Ctrl+N | projectNewMenuItem |
Abrir | Ctrl+O | projectOpenMenuItem |
Descargar o proxecto do equipo... | projectTeamNewMenuItem | |
Importar ficheiros orixe... | projectImportMenuItem | |
Importar desde MediaWiki... | projectWikiImportMenuItem | |
Recargar | F5 | projectReloadMenuItem |
Pechar | Ctrl+Shift+W | projectCloseMenuItem |
Gardar | Ctrl+S | projectSaveMenuItem |
Crear documentos traducidos | Ctrl+D | projectCompileMenuItem |
Crear documento actual traducido | Shift+Ctrl+D | projectSingleCompileMenuItem |
Propiedades... | Ctrl+E | projectEditMenuItem |
Ficheiros do proxecto... | Ctrl+L | viewFileListMenuItem |
Saír | Ctrl+Q | projectExitMenuItem |
Elemento do menú | Atallo de teclado predeterminado | Código do elemento do menú |
---|---|---|
Desfacer a última acción | Ctrl+Z | editUndoMenuItem |
Refacer a última acción | Ctrl+Y | editRedoMenuItem |
Substituír pola coincidencia | Ctrl+R | editOverwriteTranslationMenuItem |
Inserir coincidencia | Ctrl+I | editInsertTranslationMenuItem |
Substituír pola tradución automática | Ctrl+M | editOverwriteMachineTranslationMenuItem |
Substituír pola cadea orixinal | Shift+Ctrl+R | editOverwriteSourceMenuItem |
Inserir cadea orixinal | Shift+Ctrl+I | editInsertSourceMenuItem |
Inserir etiquetas de orixe | Shift+Ctrl+T | editTagPainterMenuItem |
Inserir seguinte etiqueta restante | Ctrl +T | editTagNextMissedMenuItem |
Exportar selección | Shift+Ctrl+C | editExportSelectionMenuItem |
Crear entrada do glosario | Shift+Ctrl+G | editCreateGlossaryEntryMenuItem |
Buscar no proxecto... | Ctrl+F | editFindInProjectMenuItem |
Buscar e substituír | Ctrl+K | editReplaceInProjectMenuItem |
Seleccionar coincidencia previa | Ctrl+↑ | editSelectFuzzyPrevMenuItem |
Seleccionar seguinte coincidencia | Ctrl+↓ | editSelectFuzzyNextMenuItem |
Seleccionar coincidencia parcial 1 | Ctrl+1 | editSelectFuzzy1MenuItem |
Seleccionar coincidencia parcial 2 | Ctrl+2 | editSelectFuzzy2MenuItem |
Seleccionar coincidencia parcial 3 | Ctrl+3 | editSelectFuzzy3MenuItem |
Seleccionar coincidencia parcial 4 | Ctrl+4 | editSelectFuzzy4MenuItem |
Seleccionar coincidencia parcial 5 | Ctrl+5 | editSelectFuzzy5MenuItem |
Cambiar maiúsculas/minúsculas | lowerCaseMenuItem | |
Cambiar a maiúsculas | upperCaseMenuItem | |
Cambiar a maiúsculas na primeira letra de cada palabra | titleCaseMenuItem | |
Cambiar maiúsculas/minúsculas a... | Shift+F3 | cycleSwitchCaseMenuItem |
Empregar como tradución predeterminada | editMultipleDefault | |
Crear unha tradución alternativa | editMultipleAlternate | |
Rexistrar tradución idéntica | editRegisterIdenticalMenuItem |
Elemento do menú | Atallo de teclado predeterminado | Código do elemento do menú |
---|---|---|
Seguinte segmento non traducido | Ctrl+U | gotoNextUntranslatedMenuItem |
Seguinte segmento traducido | Shift+Ctrl+U | gotoNextTranslatedMenuItem |
Seguinte segmento | Ctrl+N , Enter ou Tabulador | gotoNextSegmentMenuItem |
Segmento anterior | Ctrl+P , Ctrl+Enter ou Ctrl+Tabulador | gotoPreviousSegmentMenuItem |
Número de segmento... | Ctrl+J | gotoSegmentMenuItem |
Seguinte nota | gotoNextNoteMenuItem | |
Nota anterior | gotoPreviousNoteMenuItem | |
Ir cara a adiante no historial | Ctrl+Shift+N | gotoHistoryForwardMenuItem |
Volver atrás no historial | Ctrl+Shift+P | gotoHistoryBackMenuItem |
Elemento do menú | Atallo de teclado predeterminado | Código do elemento do menú |
---|---|---|
Marcar segmentos traducidos | viewMarkTranslatedSegmentsCheckBoxMenuItem | |
Marcar segmentos non traducidos | viewMarkUntranslatedSegmentsCheckBoxMenuItem | |
Amosar segmentos de orixe | viewDisplaySegmentSourceCheckBoxMenuItem | |
Marcar segmentos non únicos | viewMarkNonUniqueSegmentsCheckBoxMenuItem | |
Marcar segmentos con notas | viewMarkNotedSegmentsCheckBoxMenuItem | |
Marcar espazos non separábeis | viewMarkNBSPCheckBoxMenuItem | |
Marcar os espazos en branco | viewMarkWhitespaceCheckBoxMenuItem | |
Marcar caracteres de control de algoritmo bidireccional | viewMarkBidiCheckBoxMenuItem | |
Información da modificación do segmento/Non amosar para ningún | viewDisplayModificationInfoNoneRadioButtonMenuItem | |
Información da modificación do segmento/Amosar para o activo | viewDisplayModificationInfoSelectedRadioButtonMenuItem | |
Información da modificación do segmento/Amosar para todos | viewDisplayModificationInfoAllRadioButtonMenuItem |
Elemento do menú | Atallo de teclado predeterminado | Código do elemento do menú |
---|---|---|
Validar etiquetas | Shift+Ctrl+V | toolsValidateTagsMenuItem |
Validar etiquetas do documento actual | toolsSingleValidateTagsMenuItem | |
Estatísticas | toolsShowStatisticsStandardMenuItem | |
Estatísticas das coincidencias | toolsShowStatisticsMatchesMenuItem | |
Estadísticas de coincidencias por ficheiro | toolsShowStatisticsMatchesPerFileMenuItem |
Elemento do menú | Atallo de teclado predeterminado | Código do elemento do menú |
---|---|---|
Empregar tabulador para avanzar | optionsTabAdvanceCheckBoxMenuItem | |
Confirmar antes de saír | optionsAlwaysConfirmQuitCheckBoxMenuItem | |
Tradución automática | ||
TransTips/Activar Transtips | optionsTransTipsEnableMenuItem | |
TransTips/Coincidencia exacta | optionsTransTipsExactMatchMenuItem | |
Autocompletado/Glosario... | optionsAutoCompleteGlossaryMenuItem | |
Autocompletado/Autotexto... | optionsAutoCompleteAutoTextMenuItem | |
Autocompletado/Táboa de caracteres... | optionsAutoCompleteCharTableMenuItem | |
Tipo de letra... | optionsFontSelectionMenuItem | |
Filtros de ficheiro... | optionsSetupFileFiltersMenuItem | |
Segmentación... | optionsSentsegMenuItem | |
Verificación ortográfica... | optionsSpellCheckMenuItem | |
Editar comportamento... | optionsWorkflowMenuItem | |
Validación de etiquetas... | optionsTagValidationMenuItem | |
Equipo... | optionsTeamMenuItem | |
TMX externas... | optionsExtTMXMenuItem | |
Ver... | optionsViewOptionsMenuItem | |
Gardado e creación | optionsSaveOptionsMenuItem | |
Conta no proxy... | optionsViewOptionsMenuLoginItem | |
Restaurar a xanela principal | optionsRestoreGUIMenuItem |
Elemento do menú | Atallo de teclado predeterminado | Código do elemento do menú |
---|---|---|
Manual de usuario... | F1 | helpContentsMenuItem |
Sobre... | helpAboutMenuItem | |
Últimos cambios... | helpLastChangesMenuItem | |
Rexistro... | helpLogMenuItem |
[2] A sintaxe completa para a combinación de teclas (atallos de teclado) está definida na seguinte documentación de Oracle sobre Java 1.6 (ao final da páxina): Atallos de teclado e combinacións de teclas en Java 1.6
[3] En Mac, o modificador meta debe empregarse para especificar a tecla de comando .
[4] As posíbeis combinacións de teclas están descritas na seguinte documentación de Oracle sobre Java 1.6: Descrición das combinacións de teclas en Java 1.6
[5] Os atallos de teclado predeterminados de OmegaT están dispoñíbeis desde Sourceforge: Atallos de teclado predeterminados de OmegaT
Os atallos de teclado predeterminados de OmegaT para Mac están dispoñíbeis tamén en Sourceforge. Todos empregan «meta» en vez de «ctrl»: Atallos de teclado predeterminados de OmegaT para Mac