OmegaT 3.0 - Guía de usuario

Buscas

Xanela de buscas

Figure 14. Xanela de busca de texto
Xanela de busca de texto

Note

A busca anterior atopa todos os segmentos de destino que conteñan caracteres, moi improbábeis no idioma de destino (é dicir, esloveno).

Buscando

OmegaT fornece un conxunto moi potente de funcións de busca. Para facer buscas prema Ctrl + F e mostrarase a xanela de busca, nela insira no campo «Buscar por» unha palabra ou frase que queira buscar. Tamén pode, na ventá de edición, seleccionar una palabra ou frase no campo de edición (texto de destino do segmento activo) e premer Ctrl + F . A palabra ou frase será inserida na caixa de busca automaticamente. Pode ter varias xanelas de busca abertas simultaneamente, mais pécheas cando xa non as necesite para non ensuciar o seu escritorio.

Localización da busca

As buscas se realizar de xeito predeterminado tanto nas seccións de orixe coma de destino do proxecto, mais pode limitar a buscar a só o texto de orixe ou de destino. Pode buscar

  • No proxecto soamente (configuración predeterminada)

  • tanto no proxecto coma nas memorias de tradución de /tm/ que se toman como referencia (marque Buscar en MT)

  • un só ficheiro ou cartafol que conteña un conxunto de ficheiros (marque Buscar ficheiros)

Se busca nos ficheiros (non nas memorias de tradución), OmegaT restrinxirá a busca aos ficheiros nos formatos de ficheiros de orixe. Consecuentemente, malia que OmegaT poida xestionar ficheiros tmx, non os inclúe nas buscas de ficheiros. Se activa as Opcións avanzadas , pode combinar a busca co nome do autor da tradución e hora do último cambio feito.

Empregando comodíns

Tanto nas buscas exactas coma por palabra clave, poden empregarse os comodíns '*' e '?'. Teñen a mesma utilidade que nas buscas de Word:

  • '*' coincide con cero ou máis caracteres, desde a posición actual da palabra dada ata o final. A busca do termo 'run*', por exemplo, coincidirá coas palabras 'run', 'runs' e 'running'.

  • '?' coincide cun carácter calquera. Por exemplo, 'run?' coincidirá coas palabras 'runs' e 'runn' dentro da palabra 'running'.

As coincidencias se amosarán destacadas en azul e negra. Teña en conta que '*' e '?' teñen un significado especial nas expresións regulares, así que a busca con comodíns, como se describe aquí, se aplica só a busca exacta e por palabra clave (vexa máis adiante).

Métodos e opcións de busca

Seleccione o método empregando os botóns de opcións Ten dispoñíbel os seguintes métodos de busca:

busca exacta

Busca segmentos que conteñan a cadea exacta que especificou. Unha busca exacta busca unha frase, é dicir, se se inseriron varias palabras, só se atoparán se están nesa mesma orde. Se busca open file atopará todas as veces que aparece a cadea open file , mais non file opened ou open input file .

busca por palabra clave

Busca segmentos que conteñan todas as palabras chave que especificou, en calquera orde. Seleccione a busca por palabra clave para buscar por calquera número de palabras completas individuais, en calquera orde. OmegaT amosa unha lista de todos os segmentos que conteñan todas as palabras especificadas. A busca por palabra clave é similar á busca «con todas as palabras» nun motor de busca de internet coma Google (e logic). Se empregamos a busca por palabra clave con open file entón atoparemos todas as veces que aparece a cadea open file, así como file opened, open input file, file may not be safe to open , etc.

expresións regulares

A cadea de busca se tratará como unha expresión regular. A cadea de busca - [a-zA-Z]+[öäüqwß] - no exemplo anterior, por exemplo, busca por palabras no segmento de destino que conteña caracteres cuestionábeis para un teclado alemán. As expresións regulares son un método potente de buscar instancias dunha cadea. Para máis información vexa o capítulo Expresións regulares.

Ademais de un dos métodos anteriores, pode seleccionar os seguintes:

  • diferencias maiúsculas de minúsculas : a busca se realizará coa cadea especificada exacta; é dicir, se terá en conta a diferencia entre maiúsculas e minúsculas.

  • nos orixinais: busca nos segmentos orixinais

  • nas traducións: busca nos segmentos traducidos

  • nas notas: busca en notas dos segmentos

  • Buscar nas MT : se incluirán as memorias de tradución do cartafol tm na busca.

  • amosar todos os resultados: desmarcar esta caixa fará que OmegaT só amose o primeiro resultado que atope, en caso de atopar varios resultados.

Se fai clic no botón Opcións avanzadas poderá seleccionar outros criterios adicionais (autor da tradución, data da tradución, etc.) tan e como se amosa na imaxe anterior.

Mostra dos resultados de busca

Premendo o botón de busca despois de inserir unha cadea no campo de busca, amosa todos os segmentos no proxecto que inclúan a cadea inserida. Como OmegaT manexa segmentos idénticos como unha soa entidade, só se amosará o primeiro segmento único. Os segmentos se amosarán en orden de aparencia no proxecto. Os segmentos traducidos se amosarán co texto orixinal encima e o traducido debaixo, os segmentos sen traducir se amosarán só co segmento orixinal.

Facendo clic nun segmento, abrirá dito segmento no editor para que o modifique. Pode entón cambiar á xanela de busca para ver o seguinte segmento atopado, por exemplo, para comprobar e, se é necesario, corrixir terminoloxía.

Pode ter moitas xanelas de busca abertas simultaneamente. Pode ver rapidamente os seus contidos fixándose no seu título: conterá o termo de busca empregado.

Filtrar entradas do editor segundo a busca

Para unha navegación máis senxela dos resultados, pode aplicar a busca ao editor. Prema o botón Filtro ao final para limitar as entradas amosadas na xanela de edición a aquelas que coincidan coa busca actual. Pode usar a navegación normal para ir, por exemplo, ao seguinte segmento (sen traducir) que concida cos criterios de busca.

NB:

  • Unha busca pode limitarse a 1000 entradas, así que se busca unha frase común, o editor só amosará 1000 das entradas coincidentes e non todas as entradas que coincidan cos criterios de busca.
  • Un ficheiro pode non conter entradas coincidentes, así que estará baleiro.
  • Se unha busca elimina duplicados, non aparecerán no Editor.

Para eliminar un filtro, prema o botón de Eliminar filtro ou recargue o proxecto.