Coma contraposición ás memorias de tradución xeradas polo usuario (coma no caso de OmegaT), as ferramentas de tradución automática empregan ferramentas lingüísticas baseadas en regras para crear a tradución dun segmento orixinal sen necesidade dunha memoria de tradución. Tamén se empregan técnicas de aprendizaxe estatística baseadas en textos orixinais e traducidos para construír un modelo de tradución. Os servizos de tradución automática conseguiron grandes e innegábeis melloras nas avaliacións de investigación.
Para activar calquera dos servizos de tradución automática, vaia a
e active o servizo desexado. Teña en conta que todos están aloxados na rede: terá que estar conectado se quere dispoñer deles.Google Translate é un servizo de pago ofrecido por Google para traducir frases, sitios web e textos completos entre un número de idiomas que non para de medrar. No momento no que se redacta este texto, a lista inclúe máis de 50 linguas, dende o albanés ao yiddish, incluíndo, por suposto, todas as grandes linguas. A versión actual do servizo se basea no uso, cun prezo de 20 USD por millón de caracteres escritos.
Importante: Google Translate API v2 require a información de facturación para todas as contas antes de poder comezar a usar o servizo (vexa Pricing and Terms of Service para máis información). Para identificarse como un usuario válido para os servizos de Google, empregue a chave única privada que lle enviou Google cando se rexistrou no servizo. Vexa o capítulo Instalación e execución, sección iniciar argumentos de ordes, para ver detalles de como engadir esta chave ao ambiente OmegaT.
A calidade da tradución de Google Translate depende dunha parte da reserva dos textos do idioma de destino e a dispoñibilidade da versión bilingüe e doutra parte da calidade dos modelos construídos. É certo que moitas veces a calidade non será suficiente nalgúns casos, mais co tempo mellorará, nunca empeorará.
O usuario de OmegaT non está obrigado a empregar Google Translate. Se se emprega, nin a decisión do usuario de aceptar a tradución nin a tradución final estarán dispoñíbeis para Google. A seguinte xanela amosa un exemplo de a) un orixinal inglés e unha tradución de Google Translate ao b) español e c) esloveno.
A tradución castelá é mellor que a eslovena. Nota: interesar e navegar en español, se traducen correctamente pois os verbos son interest e sail respectivamente. Na versión eslovena ambas as palabras se traduciron como nomes. É moi probábel que a tradución española se basee, polo menos parcialmente, na tradución real do libro.
Unha vez activado o servizo, aparecerá unha suxestión de tradución no panel de tradución automática cada vez que se abra un novo segmento. Se atopa a suxestión aceptábel, prema Ctrl + M para substituír a parte de destino do segmento aberto coa suxestión. No segmento superior, por exemplo, Ctrl + M substituiría a versión española coa suxestión eslovena.
Se non desexa que OmegaT envíe os segmentos de orixe a Google para que os traduza, desmarque a entrada do menú Google Translate nas opcións.
Teña en conta que non se envía nada máis que o segmento orixinal ao servizo de tradución automática. A versión na rede de Google Translate permite ao usuario corrixir a suxestión e enviar o segmento corrixido. Esta función, porén, non está dispoñíbel en OmegaT.
Belazar é unha ferramenta de tradución automática para o par de linguas ruso-bielorruso.
Apertium é unha plataforma de tradución automática de código libre/aberto, que inicialmente traballaba con pares de linguas relacionadas, como CA, ES, GA, PT, OC e FR, mais recentemente se expandiu para xestionar máis pares de linguas diverxentes (coma inglés-catalán). Comprobe o sitio web para a lista actualizada dos pares de linguas dispoñíbeis.
A plataforma fornece
un motor de tradución automática independente do idioma
ferramentas para xestionar a información lingüística necesaria para construír un sistema de tradución automática para un par de linguas en concreto e
información lingüística para un número cada vez maior de pares de linguas
Apertium fai uso dun motor de tradución automática de transmisión superficial que procesa o texto inserido en distintas fases, coma nunha liña de montaxe: deformatado, análise morfolóxica, desambiguación do contexto, transferencia estrutural superficial, transferencia léxica, xeración morfolóxica e reformatado.
É posíbel empregar Apertium para crear sistemas de tradución automática para unha variedade de pares de linguas; para facer isto, Apertium emprega formatos estándar simples baseados en XML para a codificación da información lingüística necesaria (tanto manualmente como convertendo a información existente), que se compilan empregando as ferramentas fornecidas nos formatos de alta velocidade dos que fai uso o motor.
Se non aparece nada no panel de tradución automática, comprobe o seguinte:
Está conectado á rede? Necesita estar conectado para poder empregar unha ferramenta de tradución automática.
Cal é o par de linguas que necesita? Comprobe se o servizo seleccionado o ofrece.
Google Translate non funciona: fixo a petición para o Translate API service? Teña en conta que o servizo de Google Translate non é de balde, vexa o capítulo Instalación e execución (parámetros de tempo de execución) para máis información.
«Google Translate devolveu o código de resposta HTTP: 403...»: comprobe que a chave de 38 caracteres, inserida no ficheiro pinfo.list é correcta. Comprobe que o Translate API service está activado.
Google Translate non funciona: - coa chave de Google API inserida tal e como se especifica. Comprobe en Opcións > Tradución automática, que Google Translate V2 está marcado.
Google Translate V2 informa «Bad request» - comprobe as linguas de orixe e destino para o seu proxecto. Se non definiu as linguas pode que sexa isto o que xere esa resposta.