Nota: Nun Mac de Apple, use a tecla Command no lugar da tecla Control .
Para comezar a usar OmegaT, primeiro cree un proxecto que manipulará todos os ficheiros, tales como os ficheiros orixe, as memorias de tradución, os glosarios e eventualmente os ficheiros traducidos. No menú
, seleccione e escriba un nome para o proxecto. Lembre onde creou o proxecto, porque máis tarde necesitará volver a el.Despois de darlle un nome ao proxecto, abrirase o diálogo de Crear un novo proxecto. Na parte superior deste diálogo, seleccione o idioma dos ficheiros de orixe e o idioma ao que traducirá os ficheiros, e prema para continuar
Se está interesado noutras configuracións deste diálogo, pode volver a el en calquera momento premendo Ctrl+E.
A seguir, abra o diálogo de Ficheiros do proxecto. Prema para seleccionar os ficheiros a traducir. OmegaT copiará os ficheiros seleccionados ao subcartafol /source/
do proxecto creado recentemente. Despois de que o ficheiro de orixe se cargue no panel de edición, pode pechar a caixa de diálogo de Ficheiros do proxecto.
OmegaT presentaralle cada vez un segmento para traducir. Despois de traducir cada segmento, prema Ctrl+U para desprazarse ata o seguinte segmento sen traducir (ou Ctrl+Shift+U para desprazarse ata o seguinte segmento traducido). Cando queira ver como quedará a súa tradución co formatado final, prema Ctrl+D para xerar o documento traducido, que se creará no subcartafol /target/ do cartafol do proxecto. Durante a tradución, use os menús e para executar varias funcións útiles.
Se o ficheiro de orixe é un ficheiro formatado, por exemplo, un ficheiro de Microsoft Word, LibreOffice Writer ou en HTML, OmegaT converterá o formatado en etiquetas que rodean o texto a traducir. Moitas veces os documentos tamén incluirán etiquetas que non teñan que ver co formatado, mais que son importantes nos ficheiros de orixe (e nos ficheiros traducidos). Unha cláusula orixinal pode ser así:
OmegaT, porén, presentará esta frase co seguinte aspecto:
As etiquetas en OmegaT se colorean en gris, de modo que é fácil distinguilas. Están protexidas, de modo que non poda modificar o seu contido, mais pode eliminalas, inserilas a man ou desprazalas na cláusula de destino. Con todo, se comete algún erro cando escribe as etiquetas de formatado, o ficheiro traducido pode producir un erro ao abrir. Polo tanto, prema Ctrl+Shift+V antes de xerar os documentos traducidos, para validar que as etiquetas están correctas.
Unha vez que se asegure de que non hai erros de etiquetas na súa tradución, prema
Ctrl+D
para xerar o ficheiro de destino, que se creará no subcartafol /target/
do cartafol do seu proxecto.
Se un documento non se carga no panel de edición, entón pode que estea nun formato que non funcione no OmegaT. Vexa Filtros de ficheiros para unha lista de formatos de ficheiros compatíbeis con OmegaT.
Pode crear un novo proxecto para cada novo traballo, e pode engadir novos ficheiros orixinais a un proxecto ao mesmo tempo.
Se quere comprobar a configuración inicial do proxecto, abra o diálogo de configuracións do proxecto premendo Ctrl+E . Para ver unha lista dos ficheiros no proxecto, abra o diálogo de Ficheiros do proxecto premendo Crtl+L .
Ao final da súa tradución, OmegaT exporta tres memorias de tradución chamadas level1
, level2
e omegat
ao cartafol do proxecto. As memorias level1
e level2
poden compartirse cos usuarios de outros programas de tradución. A memoria chamada omegat
pode empregarse no propio OmegaT, en futuros proxectos. Se pon ficheiros de memoria de tradución no subcartafol /tm/
do cartafol do proxecto, OmegaT buscará automaticamente nelas segmentos similares, chamados «coincidencias parciais».
Pode engadir un termo ao glosario premendo
Ctrl+Shift+G
, ou copiando os glosarios existentes ao subcartafol /glossary/
do cartafol do proxecto, e OmegaT buscará automaticamente palabras nel.
Moitas veces é útil buscar palabras e frases no texto de orixe e na tradución, pode facer isto premendo Ctrl+F para abrir o diálogo de Busca de texto.
Para unha introdución máis exhaustiva, vexa OmegaT para principiantes no sitio web de OmegaT. Se necesita axuda con calquera aspecto de OmegaT, únase ao grupo de usuarios de OmegaT.