Este pequeno texto describe o comportamento do teclado no panel de edición. O termo «Desprazar ao interior do segmento» significa que o cursor desprazarase ao comezo do segmento se xa estaba antes do segmento, e á fin se estaba despois del.
Combinación de teclas | Acción |
---|---|
Esquerda: | un carácter á esquerda, mais non máis alá co comezo do segmento |
Dereita: | un carácter á dereita, mais non máis aló da fin do segmento |
Ctrl+Esquerda: | unha palabra á esquerda, mais non máis alá co comezo do segmento |
Ctrl+Dereita: | unha palabra á dereita, mais non máis aló da fin do segmento |
RePág: | retroceder unha páxina no documento |
AvPág: | avanzar unha páxina no documento |
Inicio* | moverse ata o comezo da liña do segmento |
Fin* | moverse ata o fin da liña do segmento |
Ctrl+Inicio | moverse ata o comezo do segmento |
Ctrl+Fin | moverse ata a fin do segmento |
Ctrl+RePág | moverse ata o comezo do documento (Mac: Cmd+RePág ) |
Ctrl+AvPág | moverse ata a fin do documento (Mac: Cmd+AvPág ) |
Retroceder* | eliminar un carácter detrás do cursor |
Suprimir* | eliminar un carácter despois do cursor |
Ctrl+Borrar | eliminar caracteres ata o inicio da palabra anterior (Mac: Alt+Borrar ) |
Ctrl+Suprimir | eliminar caracteres ata o inicio da seguinte palabra (Mac: Alt+Suprimir ) |
Ctrl+Enter | abrir un segmento previo (Mac: Cmd+Enter ) |
Ctrl+A | seleccionar o segmento completo (Mac: Cmd+A ) |
Ctrl+Shift+O | Cambio do sentido de lectura |
* Estas teclas teñen un comportamento distinto cando o cursor está fora do segmento a editar:
Inicio: despraza o cursor ao comezo do segmento activo
Fin: despraza o cursor á fin do segmento activo
Retroceder: nada
Suprimir: nada
Se se preme calquera tecla de carácter fora do segmento a editar, será ignorado.
A tecla «Shift» non ten ningún comportamento especial per se: cando se preme a tecla «Shift», todas as teclas moven o cursor de xeito normal, excepto no caso da combinación Shift+Enter
, que insire un salto de liña no texto.
As combinacións de teclas xerais como seleccionar todo ( Ctrl+A ), pegar ( Ctrl+V ), cortar ( Ctrl+X ), copiar ( Ctrl+C) ), inserir coincidencia (Ctrl+I ) e inserir cadea orixinal ( Ctrl+Shift+I ) actúan só en concordancia co segmento aberto.
Teña en conta que pode personalizar os atallos de teclado para que estean acordes ás súas preferencias. Vexa Apéndice de personalización de atallos de teclado